Adxudicada a renovación de servizos e pavimentación na rúa Canaval de Corrubedo

06 Maio 2025

Ribeira continúa mellorando os servizos básicos nas parroquias con novas obras en Corrubedo

C.R.

O Concello de Ribeira segue avanzando no seu plan de mellora das infraestruturas básicas nas parroquias co remate das obras de pavimentación e renovación do saneamento na rúa do Colexio de Corrubedo, finalizadas o pasado 13 de abril cun investimento de 67.000 euros.

Esta actuación forma parte dunha estratexia máis ampla impulsada polo goberno local, que inclúe tamén a próxima intervención na rúa Canaval, onde se renovará o saneamento e a rede de pluviais cun orzamento de 45.000 euros. A obra, recentemente adxudicada á empresa Excavaciones Nima S.L. por 37.697,04 euros no marco do POS+ 2024, ten un prazo de execución de tres meses.

Segundo explicou o alcalde, Luís Pérez, estas obras súmanse a outras xa executadas nos últimos meses, como a mellora das beirarrúas na contorna do Faro de Corrubedo, a renovación do saneamento na rúa Buenos Aires, a pavimentación e mellora da rede de pluviais na rúa dos Pozos ou as actuacións nas pistas de tenis de Saamil. “Estamos a falar de máis de 412.000 euros destinados á mellora de servizos básicos como o saneamento, a seguridade viaria, a accesibilidade ou as infraestruturas deportivas. Este goberno local está comprometido con dar resposta ás necesidades reais das parroquias e imos continuar nesta liña”, sinalou o rexedor.

A rúa Canaval presenta actualmente un pavimento moi deteriorado, tanto nas beirarrúas como na calzada, e carece de rede separativa para as augas residuais e pluviais, o que provoca constantes avarías. O proxecto contempla a instalación de novas tubaxes de PVC para as augas fecais e pluviais, con pozos de rexistro, arquetas sumidoiro e renovación das acometidas domiciliarias, así como o seu entroncamento coas redes existentes.

En canto á pavimentación, dotarase a vía cun novo pavimento continuo de formigón puído en cor, intercalado con pezas de lastra de granito de 20x10x8 cm, asentado sobre unha subbase de saburra artificial.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.