Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro recibiron un aviso, arredor das 20.06 horas, no que alertaban dun posíbel incendio nun vehículo no punto quilométrico 13 da AG-11, dirección Padrón, no concello de Rianxo. Finalmente, á súa chegada ao lugar comprobaron que se producira unha saída de vía dun coche na que non houbo feridos, rexistrándose só danos materiais no vehículo.
O persoal encargouse dos labores de sinalización ata a chegada da Garda Civil de Tráfico e do persoal de mantemento da estrada.




