“Con luz ou sen ela”. Luís Celeiro

04 Maio 2025

Volvemos uns cantos anos atrás. Moitos dos lectores recordarán aquela época dos sesenta
cando a metade de Galicia estaba sen luz eléctrica. Daquela, os nenos aprendían a ler ás
escuras. os vellos deitábanse ao solpor e as mozas e mozos andaban na ruada ás apalpadas.
A Lus do candil, de Ánxel Fole, era a guía para saír do paso.
Todos eran felices e namorábanse, como se namoran hoxe, aínda que fose por pouco
tempo. A risa do instante, o aloumiño do instante e o amor do instante sucedíanse nun
instante duradeiro, para lembrar toda a vida, como o amor primeiro
Era un enorme pracer cando se achegaba o abrente, o mesmo que aquel que
experimentaban cando chegaba o anoitecer e seguía a festa. Festa continuada, amigos e
amigas. Festa para a ledicia, para pensar, amar e seguir. Daquela, cando “todos os gatos
eran pardos”, era igual que agora cando todos van con excepcional colorido, de amarelo, de
vermello, de verde claro, de violeta ou morado.
Viva a ledicia! A pesar de que o mundo enteiro entre en colapso ás escuras, con luz ou sen
ela. Viva o pantrigo e a harmonía da xente. Que viva o goberno e o seu predicamento. A
xente guapa que viva tamén, que desfrute e reviva os seus amores, que miren para a
vestimenta e que anden por onde anda a xente, por onde pasean os uniformados, por
debaixo do voar e do cantar dos paxaros.
Por alí van todos eles e polo mesmo sitio volven. Son milleiros de homes e mulleres cos seus
corazóns en mil anacos, coas súas almas en vela e coas miradas intentando ver outra vez a
terra. Cómpre parar!, observar o tempo, mirar se a chave acende a luz e se a luz alumea. Se
é o caso, adiante!
E, paremos un momento! A quen favorece o apagón inconcibible? Quen ten a chave da luz?
Quen sopra na chama da vela, para que ninguén vexa nada, para que non saibamos onde
estamos, para que o mundo estremeza e se agoche nesta primavera luminosa? Para que
non saiban os comensais de que está feito o caldo, a escuridade non é mala. Pero de quen é
o negocio?
Volvemos aos tempos escuros, a noite farase infinita e a madrugada será eterna, pero aquí
seguimos, ao amparo da natureza que, como di a Tía Manuela, é a que sabe e na que todos,
ou moitos, intentan mandar. Con luz ou sen ela, se non funciona o enchufe, non somos
nada.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.