A Pobra celebra o Día Internacional do Baile cun evento participativo e cheo de ritmo

O baile converteuse, esta tarde, no gran protagonista da Pobra gracias á actividade Emociónate co baile, impartida por Taller Alecrín. O Concello organizou esta iniciativa coa intención de crear unha conexión entre o público e o corpo de danza da compañía, logrando un ambiente dinámico e participativo.
A proposta, impulsada pola Concellería de Cultura con motivo do Día Internacional do Baile, consistiu nunha mostra de line dance e baile social. Ao longo da tarde, interpretáronse varios estilos de danza, ofrecendo aos asistentes unha viaxe polos diferentes ritmos e expresións artísticas do baile.
A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou os múltiples beneficios da danza, subliñando que non só repercute no benestar físico e emocional, senón tamén no ámbito social. “Isto quedou demostrado na actividade de hoxe, que contou cunha ampla participación de veciños e veciñas”, sinalou.
Un evento que puxo en valor a danza como elemento de cohesión social e de celebración artística.



