Dispoñíbel online a Guía da natureza da Pobra do Caramiñal

26 Marzo 2020

Nestes días de restricións de actividades presenciais e sociais, o tempo de lecer alóngase e o que pode ser unha condena, o exceso de tempo libre, pode ser tamén unha certa oportunidade para incrementar o noso coñecemento acerca das cousas da nosa contorna. O Concello da Pobra está a empregar os seus espazos online para mellorar as nosas opcións de lecer e aprendizaxe. Hoxe lémbranos a dispoñibilidade da Guía da natureza da Pobra do Caramiñal, unha oportunidade inmellorábel, a falta das experiencias in situ, para coñecer o rico patrimonio ambiental do municipio.

“Trátase dunha ferramenta para valorar os elementos da riqueza natural da Pobra”, explican dende o Concello, lembrando que foi redactada polo biólogo pobrense Miguel A. Conde Teira, e que mostra lugares que para “moita da nosa veciñanza serán coñecidos de sobra, mais non por iso perden importancia”.

O Concello tamén recorda que a distribución da guía ficou por desgraza interrompida pola chegada do estado de alarma, polo que houbo algúns fogares que non puideron desfrutar dela. Mentres tanto, e até que a situación se normalice (intre no que cal a veciñanza poderá facerse coa guía na Área do Medio Ambiente do Concello e levar de balde un exemplar), o Goberno local puxo á súa disposición a versión online da publicación, en formato PDF, “co fin de axudar a pasar as horas de confinamento das nosas familias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.