O PP de Padrón leva a pleno unha proposta para que o Concello emende “deficiencias importantes en varias pistas do municipio”

29 Abril 2025

O O grupo municipal do Partido Popular de Padrón aproveitou o último pleno celebrado a pasada semana para reclamar ao Goberno Local que “emende canto antes as importantes deficiencias que existen en varias pistas de Herbón”. A concelleira popular, Yessica Rosales, aproveitou a quenda de preguntas para “incidir na existencia de fochancas nesta zona que complican e dificultan desde hai moito tempo o tránsito de vehículos por este lugar”.

Ademais, desde o Partido Popular de Padrón reclamaron tamén a colocación dun espello para mellorar a seguridade viaria no lugar da Matanza, en Iria, e a reparación do firme da estrada que une Berxaus e Sande, en Carcacía.

A acta do pleno pasado

Noutra orde de cousas, a voceira popular, Anxo Rodríguez recriminou ao alcalde, Anxo Rei, a redacción da acta que resumía parte do pleno anterior, tendo en conta que, na súa opinión, “non recollía o que sucedera na sesión do mes de marzo”. Os populares, co apoio do BNG, sacaron adiante que, unha vez que se revisen os audios da sesión, “recóllase no escrito feitos como os insultos que se recibiu a propia voceira do PP cando reclamou maior transparencia e información ao Goberno Local”, sinalou Rodríguez.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.