Os clubs de remo de toda a zona norte daranse cita na Regata de Traiñeiriñas da Pobra

29 Abril 2025

A Pobra do Camariñal será, un ano máis, o escenario da Regata Liga Norte Traiñeiriñas, unha proba que contará con representación de preto dunha decena de clubs de remo. O evento, organizado polo Club de Remo da Pobra (Club de Remo Puebla) en colaboración co Concello e a agrupación de Protección Civil da Pobra, terá lugar este domingo, 4 de maio, na dársena do porto comercial.

Os clubs da Regata Liga Norte Traiñeiriñas participarán divididos en tres categorías: absoluta, xuvenil e cadete (masculino e feminino). No caso das dúas primeiras, as embarcacións cubrirán unha distancia total de 3.500 metros, mentres que as agrupacións de cadete percorrerán 1.750 metros.

Trátase dunha regata de pretempada e de carácter amigábel que funcionará como evento de transición de cara á época estival, onde a modalidade traiñeira volverá ser a gran protagonista. A diferenza desta, na traiñeiriña nas embarcacións viaxarán seis remeiros e un patrón. A do domingo será unha preparación para dúas das competicións que se desenvolverán na Pobra en maio: o Campionato Provincial de Traiñeiriñas (10 e 11 de maio) e o Campionato de España (24 e 25 de maio), unha das citas de maior repercusión deportiva que se celebrarán no municipio este ano.

Carácter solidario

Ademais da propia competición deportiva, o Club de Remo porá a disposición do público asistente unha cantina solidaria. Todo o que se recade durante a Regata destinarase á reconstrución das instalacións do Club da Pobra, tralo incendio sufrido en xaneiro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.