Veciñanza e Goberno de Ribeira reúnense para atender as inquedanzas de Bandourrío

29 Abril 2025

O Goberno local de Ribeira mantivo este martes 29 de abril unha xuntanza participativa coa veciñanza do barrio de Bandourrío, co obxectivo de escoitar as súas preocupacións e trasladarlles as medidas que se están a adoptar para mellorar a convivencia na zona. As principais demandas veciñais centráronse na necesidade de incrementar a presenza policial para combater a drogadicción e reducir os ruídos derivados do ocio nocturno.

Na xuntanza participaron o alcalde, Luís Pérez Barral, e os tenentes de alcalde Vicente Mariño, Francisco Suárez e Xabier Vidal. Durante o encontro, Pérez Barral detallou as actuacións que se van poñer en marcha para dar resposta ás peticións da cidadanía.

En materia de seguridade, o rexedor informou de que a presenza efectiva da Policía Local verase reforzada na zona co obxectivo de disuadir actos vandálicos e delitivos e garantir unha mellor convivencia. Así mesmo, sinalou que o Concello está a traballar no ámbito social para ofrecer alternativas ás persoas con problemas de drogadicción mediante a intervención da Unidade de Condutas Aditivas e dos educadores de rúa. Ademais, o Goberno local trasladará á Delegación do Goberno a necesidade de reforzar a presenza da Policía Nacional no barrio, solicitando un incremento de patrullas que contribúan a mellorar a seguridade cidadá.

En relación cos problemas de ruído vinculados ao ocio nocturno, o alcalde indicou que se está a realizar un control exhaustivo para garantir que os locais de hostalaría cumpren cos horarios de peche. Amais, intensificarase a vixilancia sobre o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública.

No eido da vivenda, informouse que o Goberno local ten a intención de facerse con inmóbeis que se atopan sen uso co fin de destinalos a vivenda pública, favorecendo así o acceso á vivenda digna e combatendo o abandono de edificios. Neste sentido tamén emprazáronse ámbalas dúas partes a colaborar para evitar que vivendas sen uso poidan ser usurpadas. A reunión produciuse nun “clima cordial e moi positivo”, sinalaron fontes do Goberno local, engadindo que o Concello traballa “para revitalizar Bandourrío, como barrio orixinario da vila e apostando por seguir mantendo unha comunicación fluída coa veciñanza e por dar respostas concretas ás demandas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.