“A tarde-noite-mencida dos transistores e as pilas”. Antón Luaces

29 Abril 2025

Estaban na casa, arrombados, sen pilas, sen uso. Co dial en folga. Esquecidos. Eran os transistores dos avós, que durmían o soño dos xustos gardados na alacena pintada de azul da cociña, nun de cuxos caixóns tamén se gardaba, envolveita en papel de estraza, a navalla de Oscos que lle trouxera ao avó Xosé o seu conveciño Ulpiano, un roxo cubano que para nada simpatizaba co franquismo.

Foi este do avó Xosé o transistor dos domingos de gol que, segundo eu lembraba, usara miña tía en circunsntancias tan especiais coma o accidente do “Prestige” e antes, o ciclón “Hortensia”. Sempre o vin con tremendo respecto. Diría que con adoración, porque foi o transistor das grandes ocasións, sucesor do receptor de lámpadas “Marconi” sempre pousado nun alzadeiro a un par de metros da lareira de pizarra.

Este transistor foi protagonista, sen  querelo, da noite escura deste luns de radio, bulos e medos. Noite de transistores e medos a cumulados, de resiliencias e cálculos infinitesimais sobre se o “apagón” fora ou non cousa dos rusos. Noite de radio, en fin, coma tantas outras neste país de medos xustificados, rexo pisar de botas  de gardas civís e cruce de apostas sobre a autoría dun feito que “levou a negro” unha noite que ninguén vaticinara podía rememorar tantas outras noites de falanxistas en labores de “saca” e curas aplicando o viático a veciños afusilados no muro do cimeterio cuxo cadáver abandonarían posteriormente nunha gabia.

A radio “falou” de xigavatios consumidos a mancheas en só cinco segundos (o 60% do empregado pola totalidade dos habitantes da península Ibérica) e as tendas rexentadas por cidadáns chineses vendían a esgalla pilas, aparellos de radio a pilas, quecedores e forniños tamén a pilas e o común das familias facían cálculos sobre a capacidade de aguante dos xeladores e frigoríficos, e apolicía e garda civil patrullaron as rúas e estradas para eviutaren como patrullas que os amigos do alleo fixeran das súas. 

Foi, sí, a deste luns/martes unha noite de transistores que evidenciou a importancia da radio e o valor dese adminículo chamado transistor que tiñamos nun caixón do aparador porque pensabasamos que o seu tempo xa pasara vai anos . E non pasou, non: algún día saberemos por el que foi o que pasou, realmente. E será a radio, unha vez  máis a qje o conte.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.