“A realidade pesqueira” – José Manuel Pena

29 Abril 2025

As excesivas importacións de peixes e mariscos sen control; o arcaico sistema de venda e comercialización de determinadas especies, principalmente dentro do sector da baixura; o pésimo funcionamento e a carencia de miras cara ao futuro dalgunhas organizacións pesqueiras, ancoradas no pasado, que ao único que se dedican é a reter cada máis porcentaxes (do monte maior) aos propios mariñeiros, para garantir os seus soldos, e que minguan considerablemente os xa de por si irrisorios ingresos que estes se poden levar a casa semanalmente, así como a falta de compromiso dunha Administración Pública ata o de agora permisiva e que actuaba a golpe de talón, dando a torto e a dereito axudas e subvencións a algúns armadores (aos de sempre), principalmente de empresas mixtas, e que non eran nin son garantías de estabilidade laboral para os mariñeiros que faenan nestas empresas; só son algunhas das secuelas que afectan ao sector pesqueiro do noso país.

Hai que ser realista e consecuente co que se di, por parte dalgúns responsables políticos e pesqueiros, cando se fala de calquera sector económico, pois o maior prexudicado sempre é o traballador e neste caso o elo da máis baixo da cadea do sector pesqueiro é o simple mariñeiro, como tripulante, e en menor medida o motorista, o contramestre, o capitán, o patrón ou o armador; cando estes están coa auga ao pescozo, como o estarán pasando os mariñeiros e as súas familias?

As diferentes administracións, autonómica, central e europea, deberían ter deseñadas unhas directrices claras para garantir o futuro do sector pesqueiro baseadas na produtividade e a sustentabilidade, nunca pensando en que cada certo tempo haxa que destinar inxentes cantidades económicas para subvencionar ao sector. Os verdadeiros profesionais pesqueiros o único que queren é poder traballar sen ter que depender das axudas económicas, agora hai que dar tempo ao tempo para ver se vai ser sempre do mesmo e o que vai pasar co sector pesqueiro do noso país.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.