Ribeira recibe ás campioas galegas alevinas do Club de Remo

28 Abril 2025


O Concello de Ribeira viviu na xornada deste domingo 27 de abril un momento de grande emoción e orgullo coa recepción oficial ás deportistas
alevinas do Club de Remo, recentemente proclamadas campioas galegas e sextas clasificadas a nivel estatal no campionato celebrado na localidade
cántabra de Castro Urdiales. A comitiva organizouse na entrada de Ribeira, nas Saíñas, para logo facer unha pitada de coches até Aguiño. A comitiva parou na estatua do mariñeiro para sacar unha foto de familia e ovacionar ás campioas. As mozas sentiron a calor dos seus adestradores, familiares e veciñanza.

Nesa parada o adestrador Suso Silva achegou ás deportistas unhas palabras de afecto e recoñecemento polo seu traballo de entrega e polos excelentes resultados acadados, que “poñen de relevo o nivel do deporte de base en Ribeira”. Tamén estiveron no acto o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, e o alcalde, Luís Pérez Barral, quen destacou o mérito do conseguido polas mozas do Club de Remo Ribeira, facendo fincapé no valor que ten para a cidade contar cunha canteira de deportistas que, malia a súa xuventude, xa son exemplo de éxito: “Queremos trasladarvos o cariño de todo o pobo de Ribeira. Sentímonos profundamente orgullosos do voso logro e da imaxe tan positiva que estades a dar da nosa cidade. Estes triunfos son froito do voso esforzo, seguide así e moitos parabéns”, afirmou o rexedor.

Pérez Barral tamén quixo agradecer o traballo do Club de Remo e das familias, “pola súa dedicación e polo apoio que brindan ás mozas e mozos que practican este deporte”. O alcalde subliñou que “o éxito destas mozas é tamén un exemplo para toda a mocidade de Ribeira, un reflexo de que, con traballo e ilusión, se poden acadar metas moi altas”.

O acto rematou cunha grande ovación para estas novas campioas, que xa son un orgullo para toda Ribeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...