O Concello de Ribeira amplía a rede de abastecemento de auga na parroquia de Olveira

23 Abril 2025

O Concello de Ribeira continúa traballando para acadar que as parroquias teñan os servizos básicos alí a onde non deron chegado aínda así como na posta a punto e o mantemento das infraestruturas. Segundo informou o alcalde, Luís Pérez, este mércores 23 de abril adxudicouse unha actuación para ampliar a rede de abastecemento na parroquia de Olveira na estrada DP-7304, entre o cruzamento que vai ás dunas de Corrubedo e o que vai ao lugar de Bretal.

“O tramo obxecto de intervención non dispón da rede de abastecemento de
auga para consumo doméstico, de aí o interese do equipo de Goberno municipal, de dotar á zona destes servizos; instalarase pola beirarrúa da devandita estrada que basicamente presenta un pavimento de terra, con soleiras de formigón nos accesos ás vivendas” expuxo Barral.

Para o abastecemento de auga procederase ao corte e demolición de pavimento (soleiras de acceso a vivendas), escavarase a gabia, instalarase a tubaxe para condución de auga para consumo, de PVC de alta densidade e logo procederase ao recheo e tapado de gabia, ademais da colocación de ventosas, válvulas de comporta e válvulas de baleirado.

Segundo informaron dende o Concello tamén se realizará a reposición dos pavimentos afectados, neste caso serán as gabias por onde discorrerán as novas tubaxes; acondicionamento das superficies, ampliación da capa de saburra artificial de 10 cm de espesor, reposición de soleiras e ampliación de pavimento de formigón en reposición de soleiras. O orzamento total da actuación ten un custo total de 28.464,19 euros e foi adxudicado á empresa Excavaciones Nima, S.L. no marco do POS+ 2024 cun prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.