O Son mellora a súa eficiencia enerxética coa instalación fotovoltaica para autoconsumo no CEIP Santa Irene

23 Abril 2025

O Concello de Porto do Son vén de rematar as obras de instalación do equipamento fotovoltaico de autoconsumo no CEIP Santa Irene, un proxecto que ten a finalidade de “reducir o gasto enerxético e fomentar a sustentabilidade”.

A nova instalación, composta por 20 módulos de paneis solares de 550Wp por unidade, conta cun investimento total de 15.730 euros.

Deste xeito, para materializar o proxecto o Concello de Porto do Son recibiu a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) unha subvención para financiar o 60% da totalidade, sendo o 40% restante achega a través de fondos municipais.

O alcalde, Luis Oujo, indicou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética e polo fomento das enerxías limpas e renovábeis”. O rexedor engadiu que “con esta nova instalación imos producir o suficiente volume de enerxía para abastecer ao colexio, reducindo de xeito considerábel o gasto enerxético municipal, co seu consecuente aforro nas arcas municipais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.