“Juan Carlos I, a DINA, as residencias” – José Manuel Pena

22 Abril 2025

Moitos cidadáns continuamos pensando que a Democracia e o Estado de Dereito hai que defendelos cada día, fronte aos innumerables inimigos e contrarios á Xustiza Social e á Igualdade real entre españois.

Neste sentido, e como galego, sinto vergoña por que o anterior rei de España, o emérito Juan Carlos I, fuxido nunha ditadura asiática por presunta malversación, corrupción e branqueo de capitais, sexa recibido institucionalmente por parte de responsables da Xunta de Galicia e da alcaldía de Sanxenxo. É moi miserable, como tamén o é o que pasou na Comunidade Valenciana, con Mazón, con máis de douscentos mortos pola DINA ás súas costas, por presunta neglixencia e o que aconteceu na Comunidad de Madrid, cos chamados protocolos da morte nas Residencias, con miles de falecidos, sen asistencia médica e abandonados á súa sorte.

Casualmente, en todos estes casos os responsables desas situacións son dirixentes da dereita política española que xustifican o inxustificable, por manterse no poder a calquera prezo, aínda que sexa á conta da vida de persoas inocentes e indefensas.

Juan Carlos I, é un presunto delincuente e como tal non tería que ser recibido, de maneira institucional, por ningunha autoridade democrática. Outra cuestión é que o acollan uns poucos empresarios particulares ou amigos palmeiros. Un pouco de vergoña, por favor. Se fose un desgraciado indixente ou un ocupa nun edificio, propiedade dun fondo voitre, estaría en prisión. Demasiados hipócritas e moitos vividores, “viva o viño…”, e sigamos denigrando a Democracia, con estes exemplos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...