María Rivas recorda en Mazaricos que o 100% da provincia está cuberto con Internet vía satélite

22 Abril 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, lembrou en Mazaricos que o 100% da provincia está cuberto con Internet vía satélite, “o que representa un compromiso cumprido do Goberno co rural coruñés”. A subdelegada reuniuse en Mazaricos co seu alcalde, Juan José Blanco Riveiro, para analizar os investimentos que o Goberno de España leva realizados no municipio e seguir afondando na mellora do mesmo con máis avances.

María Rivas fixo fincapé nas políticas do Goberno centradas no rural, “que buscan garantir o acceso ás mesmas oportunidades que teñen os veciños e veciñas das cidades”, das que xorden, dixo, iniciativas como a da Administración Preto de Ti, coa “que tratamos de achegar os servizos da Administración xeral do Estado á veciñanza dos municipios de menor poboación”; ou a posta en servizo dos VIDOC da Policía Nacional, que permiten renovar documentos de identidade, entre outros trámites e que estará prestando servizo en Mazaricos en próximas datas; ata os investimentos para garantir o acceso a unha rede de Internet adecuada en calquera núcleo poboado.

A subdelegada aproveitou para lembrar á veciñanza que pode solicitar o seu acceso a Internet mediante os sistemas vía satélite, habilitados nas zonas onde non chega a conexión doutra maneira e que garanten unha conexión á rede fiábel e segura. “Este servizo, que forma parte do Programa ÚNICO, garante a cohesión territorial a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno”, destacou María Rivas, salientando tamén que todos estes investimentos están facendo “de Mazaricos un lugar mellor”.

A acción do Goberno nesta vila tradúcese tamén no impulso das políticas de igualdade a través do pacto de Estado de Viogen ou do aporte para a mellora da eficiencia enerxética, área na que o Goberno vén de investir preto de 640.000 euros para a renovación de todo o seu alumeado público, uns traballos que xa foron realizados e dos que a cidadanía xa pode desfrutar no seu día a día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...