Vero Rilo leva a Abanqueiro, este venres, a función infantil “Pelica de burra”

21 Abril 2025

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai dar acollida este venres 25 de abril (ás 20.00 horas) a representación da función Pelica de burra, un espectáculo da contadora Vero Rilo para público infantil e familiar, especialmente recomendado para a primeira infancia.

As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes da función, ou sexa a partir das 19.00 horas.

Trátase dunha proposta de FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral da Lingua.

A obra sitúanos en no ano 2.735, cando, Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música… nun futuro terríbel. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas…

Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que achegan nesta nova proposta.

Vero Rilo

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.

A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto.

Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...