Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

19 Abril 2025

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual, artista e empresario Díaz Pardo.

A especialista en Historia da Arte e activista Cultural, Rosario Sarmiento, impartirá unha conferencia o día 24 de abril ás 20.00 h co título “Isaac Díaz Pardo. O pintor que non quixo ser artista” no Museo do Gravado de Artes. O recente nomeamento de Javier Expósito como membro da Real Academia e a existencia do propio museo convidan de xeito especial a que esta homenaxe a Díaz Pardo desde Ribeira se desenvolva en Artes.

Para facilitar a asistencia ao acto habilítase transporte gratuíto desde a Estación de Autobuses de Ribeira, saída ás 19.00 h, pero é condición indispensable reservar praza enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal

Conferencia: Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo ser artista.

Rosario Sarmiento

Data: 24/04/2025

Hora: 20.00 h

Lugar: Museo do Gravado de Artes

Haberá transporte gratuíto desde Ribeira. Saída: 19.00 h. Regreso: 21.00 h

Reservas para o autobús: normalizacion@ribeira.gal

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...