Venres 18, precipitacións localmente fortes na franxa atlántica, acompañadas de treboadas e sarabia

17 Abril 2025

Unha borrasca situada ao norte de Galicia traerá unha gran inestabilidade atmosférica durante o venres Santo. A presenza de aire frío en altura virá acompañada dunha fronte activa que afectará especialmente ao oeste e norte da comunidade.

O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con precipitacións xeneralizadas que poderían vir acompañadas de treboadas e mesmo sarabia en certas zonas.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos(7/16 graos). O vento soprará moderado do suroeste durante a mañá, intensificándose e cambiando ao noroeste ao mediodía, con especial incidencia no litoral atlántico, onde podería alcanzar intensidade forte.

Recoméndase extremar a precaución nas áreas máis afectadas polas precipitacións intensas e treboadas, especialmente na franxa atlántica. (Meteogalicia)

Sábado santo con chuvias que caerán de xeito frecuente e por momentos con intensidade forte.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.