“Semana Santa de estreas e sermóns, con Xesús Cristo crucificado ante centos de veciños”. Antón Luaces

17 Abril 2025

Era, aquela, unha estampa de palios, cirios, panos que ocultaban imaxes de santos e santas nas capelas da igrexa parroquial, de toques de difuntos nas campás desta igrexa, de emisoras de radio con programación de música relixiosa ou, no mellor dos casos de música “clásica”… 

Na Semana Santa a mocidade non podía cantar. Elas estreaban roupa; eles tamén, pero menos. Había homes que levaban a banda negra na chaqueta como mostra de loito pola conmemoración da morte de Cristo, e as mulleres, con velas e cirios,  acompañaban  as procesións propias destes días, con sermóns e prédicas na jgrexa e na praza de Otero Goyanes ata que o sábado pola mañá -sábado de Groria- tiña lugar o “Encontro” na mesma praza, xusto onde, posteriormente, se instalaba a terraza do “Nordeste”.

Era a Semana Santa dunha Ribeira de rosarios e novenas, un tanto pacata e machista que seguía os ditados do goberno franquista e a igrexa imperante que, sen embargo, non colidía coa poboación de Castiñeiras (con fieis da igrexa protestante que procesionaban e cantaban dende a súa parroquia ata o comezo da rúa Manzanares, onde estaba situada a fermosa casa de Pepe Fernández e a antiga sede de Telefónica). Falamos de mediados os anos 50 do século pasado, cando os cines de Moraña e O Filipino só programaban películas de carácter máis ou menos relixioso ou histórico durante esta semana que, nen moito menos, era de celebrfación festiva ou vacacional.

Foi daquela cando, por vez primeira, unha muller aínda moza alcumada “Andaluza” (procedía desta rexión -o concepto de comunidade autónoma nen  siquera se barallaba) cantou unha saeta que foi respondida con moitos aplausos polos acompañantes dunha procesión moi concorrida e con varias imaxes portadas por homes.

Hoxe a historia é outra moi distinta. Tanto, que sería como darlle a volta a un calcetín. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.