Rianxo volverá repartir frondosas para as franxas secundarias

15 Abril 2025

O Concello de Rianxo confirmou o impulso dunha segunda edición do Plan de Recuperación de Árbores Frondosas nas franxas secundarias de protección contra os lumes forestais. Segundo confirmou o Goberno de Julián Bustelo, o Concello repartirá de balda plantas de especies frondosas entre as persoas propietarias de fincas situadas nas franxas secundarias de protección (máx. 10 por persoa) que acrediten que están correctamente limpas. O ano pasado distribuíronse máis de 400 árbores entre as persoas propietarias cuxas propiedades cumpriron co requirido.

As solicitudes realizaranse no Servizo de Medio Ambiente (Museo do Mar) chamando ao 981 86 08 08 a partir do 14 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...