A Asociación Cultural Altofalante renova a directiva abrindo un novo ciclo

12 Abril 2025

A Asociación Cultural Altofalante, con sede en Ribeira, renova a súa directiva e inicia un novo ciclo co obxectivo de fortalecer a creación e difusión da cultura galega. O novo equipo, presidido por David Casais, busca proporcionar un espazo aberto á cidadanía, especialmente á mocidade, para fomentar diversas expresións artísticas como literatura, artes plásticas, música e produción audiovisual.

Casais destacou que a entidade manterá firme o seu propósito de “Facer País”, impulsando a recuperación da memoria histórica de Galiza e promovendo o coñecemento cultural, histórico e físico da terra entre os veciños e veciñas de Ribeira.

A nova directiva da asociación está composta por Iria Casais Rivas como vicepresidenta, Jorge Ramallo Paz como secretario e Silvia Varela Rodríguez como tesoureira. Ademais, forman parte do equipo os vogais Mónica Rodríguez Fernández, Óscar David Casais Montemuiño, Teresa Prol Castro, David González Sieira, Xana Ledo Díaz e Vicente Paz Carou.

Nos vindeiros días, a entidade dará a coñecer as primeiras actividades deste ano, especialmente aquelas vinculadas á celebración das Letras Galegas. Tamén se explorará a posibilidade de retomar relacións con outros colectivos e institucións para fortalecer a rede cultural e de colaboración.

Unha nova etapa comeza para Altofalante, mantendo vivo o compromiso coa cultura galega e o seu legado.

Nova etapa na Asociación Cultural Altofalante

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.