O persoal do Hospital do Barbanza garda un minuto de silencio polo traballador falecido este xoves no complexo de Ribeira

11 Abril 2025
Imaxe da concentración publicada en El Correo Gallego

O persoal do Hospital do Barbanza concentrouse este venres 11 de abril na entrada do complexo hospitalario emprazado en Ribeira en sinal de dó polo falecemento dun traballador este xoves 10 de abril no Hospital, que recibiu unha forte descarga eléctrica mentres arranxaba un sistema de climatización destinado para os quirófanos.

Tratábase dun home veciño de Oza-Cesuras de 52 anos. Ao parecer o tráxico suceso ocorreu no andar no que se atopa o servizo de Urxencias, pero malia a rapidez co que se interveu para reanimar ao traballador, nada puido facerse. O servizo de prevención de riscos laborais do Hospital do Barbanza informou que xa se abriron as pescudas para aclarar todos os detalles do accidente.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.