Vero Rilo leva “Pelica de burra” á Biblioteca de Rianxo, o 26 de abril

08 Abril 2025

O sábado 26 de abril a contadora Vero Rilo estará na Biblioteca de Rianxo (Pazo de Martelo) para ofrecer ás familias o espectáculo Pelica de burra, unha función para a rapazada de máis de 3 anos que se achega de balde até completar capacidade, a partir das 19.00 horas. Trátase dunha proposta de FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral da Lingua.

A obra sitúanos en no ano 2.735, cando, Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música… nun futuro terríbel. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas…

Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que achegan nesta nova proposta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.