Comeza a campaña de castración das colonias felinas de Ribeira

04 Abril 2025

Este venres 4 de abril o Concello de Ribeira e Callejeros Barbanza, a través da concelleira Antía Alberte (Benestar Animal) e Rosa Gómez (Callejeros Barbanza), presentaron os detalles da campaña de control da poboación das colonias felinas.

A campaña de castración, sinalaron, ponse en marcha para controlar a presenza de animais nas colonias, responsabilidade que recae na Administración local segundo a nova Lei de Benestar Animal, pero que tanto no caso de Ribeira como no doutros moitos concellos, tamén é asumida por entidades supramunicipais ante a imposibilidade de asumir dende os consistorios a totalidade da tarefa. A concelleira informou que os gatos das colonias se ben melloraron en calidade de vida, en boa medida grazas á xente concienciada que desexa que os animais estean nas mellores condicións e que vela por eles e dálles de comer, tamén é certo que “se non se castran ao final o que temos son colonias descontroladas”.

O que se quere fomentar dende a Concellería é a necesidade de concienciar e que a alimentación dos gatos sexa levada a cabo só por persoas acreditadas: “Dende o Concello xa levamos dúas formacións centradas neste ámbito e no futuro anunciaranse máis”. A concelleira significou que dende o Consistorio non se está a sancionar “porque pensamos que o ideal é fomentar que as persoas que teñan esa compaixón cos animais teñan a formación e a acreditación precisa para facelo, para así tamén favorecer o contacto directo co Concello e as protectoras e garantir, tamén, unha colaboración entre todas e todos que aporte datos para deseñar futuras accións e protocolos a seguir”.

Engadiu que “é importante saber a alta taxa de reprodución que teñen os felinos, unha gata pode ter até tres camadas ao ano, por iso é tan importante a castración xunto coa concienciación para controlar esas colonias felinas”.

Alberte anunciou que se priorizará a castración de colonias onde os veciños e veciñas estean dispostas a facer unha achega económica, “porque hai moita demanda e poucos medios, temos que establecer un criterio de prioridades onde non se busque un culpábel e entre todos e todas arranxar o problema das colonias”. Rematou a súa intervención aludindo a “que é unha carreira de fondo e que este ano hai novamente unha partida da Concellería para a devandita castración pero que é vital a colaboración veciñal”.

A entidade que colaborará co Concello para o proceso de castración será Callejeros Barbanza á que a concelleira agradeceu o seu traballo e á súa presidenta Rosa por acudir á presentación.

Rosa Gómez corroborou as palabras da concelleira, afirmando que si que hai un gran problema coas colonias, “saímos ano tras ano castrando gatos, o Concello pon moito da súa parte e tamén a nosa protectora con fondos propios, coa axuda de tódolos voluntarios/as, da xente e tamén de subvencións”. Rosa lembrou que cada ano as colonias necesitan actuacións novas, “este ano esperamos ou temos o obxectivo de actuar en colonias novas, tamén é fundamental o tema da desparasitación”, para rematar Rosa agradeceu “ao Concello que conte con nós, somos os que de verdade coñecemos a situación e valoramos a achega económica para tratar as colonias”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.