“Altri” – Xulio Xiz

04 Abril 2025

En temas coma o de Altri, a opinión pública toma postura drástica: para uns é maná; para outros, catástrofe. Hai sete décadas, As Pontes fíxose industrial, en base á mina de lignito e ao conxunto creado arredor, recibindo centos de traballadores dunha ampla contorna. Que a cheminea ciscase lixo por media Europa non preocupaba; o esencial era comer. O actual lago, despois de tanto tempo, axuda no balance. Non moitos anos despois, a Autoestrada do Atlántico foi recibida como “unha navallada á nosa terra”, e hoxe percorrer Galicia sen esa autoestrada sería imposible. O tempo, xuíz inexorable.

Altri, si ou non?… Todos queremos unha Galicia con industria que cree emprego, fixe poboación e non contamine. Parte importante dos galegos oponse frontalmente a industrias coma esta, pero se os organismos competentes aproban esa industria porque as medidas que se van tomar cumpren coa Lei, as algaradas non poden superar os trámites oficiais, os informes pertinentes. Porque se iso non vale para nada, e a opinión popular vale máis ca a dos técnicos, se os organismos competentes non merecen atención, apaga e vámonos. Que un famoso berre contra Altri, se non é especialísca en ecoloxía e natureza, a súa opinión vale o mesmo ca a do anónimo que contesta a unha enquisa da televisión á hora do vermú.

Altri, non, se vai contaminar, se está mal planteada, se estraga e luxa. Altri si, se respecta a natureza, non agride, aproveita recursos naturais e proporciona postos de traballo. Se se monta e resulta un problema ou un fraude, ao xulgado. Se funciona correctamente e a gusto de todos, aquí paz e despois gloria.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.