A Deputación e a Biblioteca Provincial achegan dous clubs de lectura dixital sobre feminismo e LGTBI

02 Abril 2025

As áreas de igualdade e cultura da Deputación presentaron este 2 de abril, en colaboración coa Biblioteca Provincial, dous clubs de lectura dixital sobre feminismo e LGTBI. As deputadas Soledad Agra e Natividade González explicaron o proxecto, acompañadas da xefa de servizo da biblioteca, María Lema, e as moderadoras dos clubs, Nuria Vil e Maitane Vicente.

Páxinas de orgullo e Tinta e Equidade son os nomes dos clubs, moderados por Nuria Vil e Maitane, respetivamente, aos que se poden acceder desde a plataforma de préstamo dixital eBiblioDaCoruna, cubrindo o formulario habilitado na web. Para participar, é preciso estar de alta na plataforma e, dende alí, acceder ás dúas salas onde se atoparán as lecturas propostas polas moderadoras, así como foros para cada unha, reunións telemáticas ou encontros cos autores e autoras nalgúns casos.

A xefa do servizo de biblioteca, María Lema, deu á benvida e agradeceu a colaboración das dúas áreas, así como a “boa acollida” da proposta, “innovadora” xa que, afirmou “non hai ningunha así en toda Galicia”.

A deputada de cultura, Natividade González, puxo en valor a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, “un espazo que é xa referencia na nosa provincia non só como centro de coñecemento e lectura, senón tamén como punto de encontro para a reflexión e o compromiso coa cultura pública, accesible e plural”, sinalou.

Pola súa banda, a deputada de igualdade, Soledad Agra, convidou a toda a provincia “a participar nestes lugares de encontro e reflexión, onde compartir experiencias”.

Maitane Vicente, moderadora de Tinta e equidade, resaltou a “oportunidade” que supón esta iniciativa, xa que “nun club de lectura podes aprender, intercambiar, coñecer…” e afirmou que, precisamente, a libraría é “un traballo social”.

Nuria Vil, de Páxinas de orgullo, falou da “necesidade” de contar con clubs de lectura como “sitios de encontro, que hoxe en día son ata revolucionarios”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.