Os empresarios de Ribeira reivindican o comercio local co campaña Pascua no Comercio

02 Abril 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira impulsou este mes de abril unha nova iniciativa de dinamización comercial e reivindicación das (moitas) vantaxes de mercar en clave local. Trátase da campaña Pascua no Comercio, que se desenvolve dende o 4 até o 20 de abril, sorteando 150 euros en vales de compra, co que a patronal de Ribeira busca “incentivar as compras nos establecementos de proximidade neste tempo de Semana Santa” e, tamén, nos días previos á celebración. Con cada compra os clientes poden participar no sorteo rexistrando o seu tícket na páxina web empresariosriveira.com ou escaneando os código QR que estará presente nos carteis e flyers repartidos polos comercios e establecementos asociados. Esta campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.