Gala dos Premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal: recoñecemento á excelencia científica e técnica

01 Abril 2025

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela foi escenario da entrega do XIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, concedido á Dra. Manuela Gago Domínguez, natural de Palmeira e do VI Premio a Talentos Emerxentes, outorgado á Dra. Noelia Tarazona Llavero.

Manuela Gago e Noelia Tarazona

Ramiro Carregal inaugurou o evento felicitando as galardoadas, destacando a excepcionalidade das súas traxectorias profesionais e manifestando o orgullo de contar cunha investigadora arousá entre os premiados. O acto, presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo de relevo os avances no tratamento e prevención do cancro grazas á profesionalidade do persoal sanitario e investigador galego, así como á implicación da sociedade e recursos achegados polos impostos. Rueda agradeceu a Ramiro Carregal o seu incansable apoio á ciencia en Galicia.

Entre os momentos máis destacados, o Dr. Rafael López, presidente executivo do xurado, eloxiou a traxectoria de Ramiro Carregal como mecenas e anunciou o fallo dos premios. A Dra. Gago, líder do Grupo de Xenética e Epidemioloxía do Cancro do IDIS, explicou o seu traballo nun proxecto de medicina de precisión para o cribado personalizado do cancro de mama, financiado con 1,2 millóns de euros e que implicará a participación de 10.000 mulleres de 14 comunidades autónomas. Pola súa parte, a Dra. Tarazona subliñou o impacto da biopsia líquida na personalización dos tratamentos do cancro colorrectal.

A gala culminou cun cóctel no Patio de Cristal, que serviu como broche de ouro a un evento que celebra a dedicación, innovación e compromiso co progreso da ciencia e da saúde.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.