Abandona a UCI o paciente cero do coronavirus en Galicia

23 Marzo 2020

O primeiro paciente que rexistrou positivo pola enfermidade en Galicia foi dado de alta da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( Chuac) e atópase xa ingresado en planta. Así o anunciou o xefe da UCI do Hospital da Coruña, David Freire, que confirmou que o enfermo abandonou a UCI este domingo.

O primeiro paciente con positivo por coronavirus en Galicia foi un home de 49 anos procedente de Madrid, que viaxou ata A Coruña nun servizo de coche compartido con outra persoa para unha entrevista de traballo. O home chegou o pasado 3 de marzo ao servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña ( Chuac) con problemas respiratorios e diagnosticáronlle pneumonía. Ante o seu estado, fíxoselle a proba do coronavirus, que se lle repetiu con posterioridade e enviouse a Madrid, confirmando a infección por coronavirus.

Complexo Hospitalario da Coruña

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.