“O calar dos asesores”. Luís Celeiro

29 Marzo 2025

Asesores calados e millonarios, con salarios sen control e sen xeito. Están en circulación
milleiros de asesores para un roto e para un descosido, asesores que traballan ás dúas mans
e sempre nas proximidades do poder, nas ourelas do cadro de mando, no límite da
legalidade ou directamente asentados nesa parcela que está do outro lado da fronteira, na
discreta ilegalidade. Asesores de asesores e directivos que están ao pairo, sen saber a quen
deben obedecer.
Propoñen unha asesora de imaxe e contratan a outros dous asesores para a asesora, sexa
home ou sexa muller. Aos poucos días cómpre outra asesoría máis. Neste caso, que non
sexa home nin muller. Unha asesoría que indique, en cada momento, cal é a linguaxe
correcta, cal é a forma de quedar ben cos interlocutores, cales son as palabras que se
escoitan e non din nada ou que dan a entender o contrario do que pensas e do que queres
facer. Señor asesor, cales son esas palabras?
Un recoñecido xurista, ben sabedor das complexidades legais e amigo de comparecer
periodicamente nos parladoiros radiofónicos, di que “o máis importante das normas legais é
a súa interpretación”, poida que de tanto interpretar, queden sen lei aqueles que máis a
precisan. Nese caso, os que mandan acudirían a un asesor ou asesora de comunicación, para
enderezar a mensaxe e manter silencio continuado ata que o falar se poña do seu lado.
Antes de abrir a boca, un experto en estratexia achégase e orienta á vítima para que “pague
e cale”. Non hai nada que facer, “todo está en contra de nós”- Hai que buscar un asesor
financeiro e que fale, a peito descuberto, cos asesores fiscais e bancarios. Se non arranxan
nada, como é probable, cómpre achegarse ao asesor político e interpretar a súa forma de
mirar.
A cidadanía precisa asesores. Para pedir cita no ambulatorio son necesarios os servizos do
asesor técnico e de varios asesores en telemática. Ao volver, sería conveniente manter unha
reunión co asesor de innovación de confianza, quen, a pesar do esforzo, será capaz de
entender, máis ou menos, o que se reflicte no reducido informe médico. Aos asesores como
di a Tía Manuela, “hai que tratalos, escoitalos e para comprendelos, poida que sexa
necesario un asesor literario”.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.