Portosín abre este sábado o Trofeo Grupo Davila de Motonáutica Inclusiva

28 Marzo 2025

Texto e fotos: Juan Caballero. A localidade de Portosín acolle este sábado o inicio do Campionato Galego e Campionato de España Inclusivo de Motonáutica Grupo Davila, unha primeira toma de contacto coa competición oficial e que forma parte de ambos os calendarios grazas ao labor desenvolvido desde a Real Federación Galega de Motonáutica.

Os vigueses Álvarez e Davila (foto: Juan Caballero)

Con arranque ás 10 da mañá, os pilotos poñerán a proba a súa pericia, para a que estiveron adestrando neste primeiro trimestre de 2025, coas súas expectativas postas en ambas as clasificacións, tanto na galega como na española. Non en balde, a Real Federación Galega de Motonáutica foi pioneira e emprendedora desta categoría, especialidade que leva promovendo desde hai algúns anos e que viu apoiada coa sinatura do recente convenio co Liceo Marítimo de Bouzas, entidade que cede unha praza de amarre para este tipo de embarcacións, facilitando a súa práctica na sempre tranquila dársena boucense, e o apoio unánime do Grupo Davila.

O Campionato Inclusivo de Motonáutica Grupo Davila conta cun circuíto composto de 6 probas, das que a súa totalidade conforman o campionato galego e só tres o nacional, sendo estas últimas as de Portosín, Outes e Vigo, contando con sedes como Tomiño, Agolada ou Castrelo de Miño.

Tras a conclusión desta primeira proba, entregaranse nas instalacións do Real Club Náutico Portosín, os premios correspondentes á tempada de 2024. As probas consisten nun percorrido con boias fondeadas para trazar un slalom e as sempre complicadas probas de habilidade como o fondeo, rescate, pelota-cesta e amarre. Portosín será sede do inicio de ambos os campionatos o vindeiro sábado 29 de marzo, sendo a de Outes a segunda proba o 5 de abril, para finalizar o nacional en Vigo, no Liceo Marítimo de Bouzas, o 20 de setembro deste ano 2025. Colaboran o Consello Superior de Deportes, a Xunta de Galicia, os Concellos de Porto do Son e Outes, a Deputación da Coruña, o Real Club Náutico Portosín, ADECO-DEA e o Club Minauta.

Os noieses Barrio e Sarmiento

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.