A Deputación pecha o Fórum 2025 cun balance “moi positivo”

26 Marzo 2025

A Deputación da Coruña fixo balance da súa participación no Galicia Fórum Gastronómico, onde tivo parte activa cunha ampla programación destinada a “poñer en valor a nosa gastronomía, os nosos produtos e o talento dos profesionais do sector agroalimentario”, sinalou o vicepresidente, Xosé Regueira, que, ademais, valorou moi positivamente esta décima edición “dun evento que xa é de referencia internacional”. Ao longo de tres xornadas a entidade provincial achegou 30 actividades e contou con 6 chefs e 10 mostradores de exposición de produtos locais, así como outras actividades complementarias como mesas redondas, talleres e entregas de premios.

Este martes 25 de marzo, as cociñeiras Lucía Freitas (A Tafona, Santiago de Compostela) e Naír Naír González (Muelle 43, Mugardos) protagonizaron os showcookings do último día da feira no stand da Deputación, onde tamén participaron ofrecendo degustacións e presentacións San Isidro Bakery e Cafés Lúa; A Despensa d`Lujo; Martietas de Fío; Vánagandr e Chichalovers.

Os produtores presentes no stand provincial destacaron a “visibilidade” que supón para eles a participación en foros como este Galicia Fórum Gastronómico, e tamén as “sinerxías” que se establecen entre eles, que impulsan ademais “o noso crecemento e recoñecemento, pois xuntos somos máis”, explicaron. Mostra diso foi a participación de Carmela, de Queixo Galmesán, na demostración gastronómica de Lucía Freitas, que empregou o seu queixo premiado internacionalmente nun dos pratos que elaborou: porro á brasa, abelá, xema curada e escuma de Galmesán.

Obradoiros

Ademais das actividades que se desenvolveron no espazo provincial, a Deputación tamén organizou obradoiros nos espazos Taller e Ágora. Nesta última xornada, foi o caso de Cociña moderna vs. Cociña tradicional: un debate culinario con Xurxo Agrasar e Eva Fares (As Garzas, Malpica) e Dolores García e Noelia Rodríguez (Casa Peto, Outes) e Costa da Morte: esencia e territorio, con Pepe Formoso, Miguel Silvarredonda, Emilia Iglesias e Martiño Santos, da Asociación de Profesionais de Turismo Costa da Morte.

Entrega de premios

Ademais, Regueira participou na entrega de Premios Picadillo 2025 e do Concurso de Empanadas.

No primeiro caso, entregoulle o galardón na categoría de cociña Celestina Martínez, de O Parrulo (Ferrol), polo seu “compromiso coa cociña tradicional galega, mantendo os sabores de sempre”.

No segundo caso, na categoría profesional, a Casa Zapateiro (Mesía) o terceiro premio; ao Club Santo Domingo de Pereiro de Aguiar o segundo e, o primeiro, á empanadeira Cantón de Ortigueira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.