Representantes municipais de Cabo Verde coñecen a industria boirense

25 Marzo 2025

O Concello de Boiro recibiu este martes 25 de marzo a visita de José dos Reis, alcalde, e Osvaldo Chantre, concelleiro do municipio caboverdiano de Tarrafal no marco do proxecto Apoio ao Desenvolvemento Económico Local do Municipio do Tarrafal do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na visita estiveron acompañados polo alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, e a concelleira de Medio Ambiente, Olga González.

O proxecto comezou no ano 2024 detectando as necesidades e potencialidades da zona como punto de partida para unha colaboración de catro anos. Nesta semana percorrerán unha decena de concellos socios do Fondo Galego para coñecer boas prácticas no ámbito da agricultura, a gandería e a pesca.

A visita en Boiro consistiu, ademais dunha recepción institucional no Concello, tiveron oportunidade de coñecer a cetárea Ángel Mar en Abanqueiro para coñecer o proceso de depuración do marisco.

Máis tarde desprazáronse ás instalacións de JJ Chicolino para coñecer as distintas liñas de traballo que desenvolve a empresa nas súas factorías para a produción de solucións para acuicultura e pesca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.