Estudantes de Wakayama visitan Padrón no marco da irmandade da vila galega con Shingu

25 Marzo 2025

Padrón recibiu a visita dun grupo de estudantes xaponeses procedentes da prefectura de Wakayama, que chegaron ao municipio no marco da irmandade entre Padrón e Shingu. Trátase da terceira viaxe que persoas desta rexión xaponesa realizan á vila rosaliana desde a firma do acordo de amizade entre ambas localidades.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da concelleira Laura Horta, deu a benvida á delegación e explicou aos estudantes o funcionamento do Concello e a historia da vila. Durante o encontro, o alumnado leu un saúdo en agradecemento polo cálido recibimento e intercambiou impresións sobre a súa estadía en Padrón, así como curiosidades culturais entre Galicia e Xapón.

O rexedor sinalou que este tipo de iniciativas permite “afianzar os lazos culturais e educativos entre ambas comunidades, promovendo o coñecemento mutuo e o respecto pola diversidade”. Desde o Concello de Padrón valórase moi positivamente esta experiencia, que contribúe a fortalecer a relación entre Padrón e Shingu.

Esta visita aliénase cos compromisos establecidos no protocolo de colaboración asinado polos alcaldes Anxo Arca e Michitoshi Takoa o pasado 13 de novembro. Este protocolo, que se centra na colaboración cultural e turística, fortalece os vínculos entre Padrón e Shingu, localizados en dous puntos distantes pero unidos por un gran valor común. Ambos municipios son parte das únicas dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco: o Camiño de Santiago e a Ruta Kumano Kodo, o que abre novas portas para a cooperación e o intercambio cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.