Vehículo incendiado nunha pista de Oleiros do concello de Ribeira

24 Marzo 2025

O parque provincial de Ribeira recibiu aviso por un incendiado, con risco de propagación á masa forestal, no lugar de Sobrido, na parroquia de Oleiros pertencente ao concello de Ribeira.  Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que non había vítimas e procederon a extinguir o lume, que afectaba na parte anterior do coche. Unha vez apagadas as chamas e arrefriado o vehículo, este foi retirado por un guindastre e os bombeiros fixeron a pertinente limpeza da zona da estrada. Completaron o servizo Policía Nacional, Policía Local e GAEM de Ribeira. 

Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.