Saúde Mental FEAFES Galicia e a Asociación A Creba organizaron o XIX Torneo Tenis de Mesa

24 Marzo 2025

O pasado venres 21 de marzo celebrouse no Liceo de Noia o XIX Torneo de Tenis de Mesa, organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia e a Asociación Saúde Mental A Creba, contando coa colaboración do propio Liceo de Noia.

No torneo competiron diversas asociacións do ámbito da saúde mental: A Creba, Alume, Adaina, APEM, Avelaíña, DOA, Saúde Mental Ferrol, Saúde Mental FEAFES Santiago e Saúde Mental FEAFES Vigo, cun total de 52 persoas participantes que compartiron despois un xantar de convivencia.

O primeiro posto levouno Marcos Traba da asociación APEM, que recibiu o trofeo por parte de Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia. No segundo lugar quedou Salustiano Ribera da asociación Doa, entregándolle o trofeo Nacho Carnota, membro da xunta directa do Liceo de Noia. E por último, os dous terceiros postos foron para Francisco Brandán e Diego Agís, de Saúde Mental FEAFES Vigo, os cales recibiron os trofeos da man de Laura Salgado, concelleira de Xuventude de Noia; e Santiago Rodríguez, concelleiro de Deportes de Noia.

Este tipo de actividades buscan “fomentar o exercicio físico entre as persoas con problemas de saúde mental, xa que, ademais de participar no torneo, adestran durante o ano para competir en representación da asociación á que pertencen”, informaron dende a organización.

Con isto, engadiron dende A Creba, búscase tamén desmontar o estigma negativo relacionado coas persoas que teñen problemas de saúde mental, “mostrando unha competición aberta ao público na que compartir un interese común e socializar, á par que se normaliza unha realidade cada vez máis habitual na sociedade”.

—

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.