Goiáns acolle este mércores unha xornada do Consello da Cultura Galega sobre como garantir o acceso á cultura e á participación

24 Marzo 2025

O Consello da Cultura Galega celebra este mércores 26 de marzo, no Pazo de Goiáns (Boiro), un encontro sobre acceso á cultura e participación que se encadra na liña de traballo do CCG relacionada cos dereitos culturais, unha corrente que se está “tendo moi en conta nas políticas culturais públicas”, informou a entidade cultural.

Ao abeiro desta liña de traballo, a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG busca analizar se as políticas culturais galegas está seguindo este novo paradigma das políticas públicas mediante catro xornadas de debate e recollida de información que se celebran de marzo a xuño e versarán sobre o dereito a participar, a perspectiva territorial, o acceso e a comunicación e a interseccionaliade.

A primeira das xornadas será o vindeiro mércores 26 en Boiro, no Pazo de Goiáns, e nela farase unha análise da participación cidadá en cultura, onde as persoas exercen o seu dereito a facer cultura e non so a consumila. A xornada estará coordinada por Alberto García; contará con Blanca Albán, Natalia Balseiro e Encarna Lago como mediadoras e os proxectos participantes serán Castelo Conta, Feirón Mariñeiro de Rianxo, Contos do Mar, FIOT Carballo, Escora Danza e Pasabodeghas.

Nesta primeira xornada (recollida de información) analizarase a participación cidadá en cultura como un estadio desexábel do dereito de acceso ao feito cultural, onde as persoas exercen o seu dereito a facer cultura e non só a consumila. “Estas prácticas culturais participativas son ademais moi propias da tradición cultural galega que chega aos nosos días, polo que parece lóxico que as políticas culturais que nos atinxen atendan a esta perspectiva”, adianta o CCG.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.