“Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador” – Xosé González Martínez

22 Marzo 2025

Coñecín a don Victorino Gutiérrez Aler, exnotario de Lalín, hai ben anos. Quizais foi a finais dos anos oitenta cando contactei con el mantendo unha longa amizade baseada no compromiso e lealdade co país. Daquela, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, á que el pertencía, decidira ampliar os espazos da galeguización nos usos xurídicos. Para sensibilizar a mobilizar a xuíces e persoal das notarias organizáronse xornadas de formación. Reforzarase aquel traballo intenso coa creación do Seminario de Linguaxe Xurídica e Administrativa, con sede no Instituto da Lingua Galega, coas importantes achegas económicas que fixeran trinta e cinco concellos (entre os que estaban Vigo, Ourense, Santiago…) a razón de 5 pesetas/habitante.

Levados polo entusiasmo convocamos a un grupo numeroso de prestixiosos xuristas, onde foi deseñada a estratexia a seguir para normalizar o uso da lingua galega nos procedementos procesuais e notariais.

Por aqueles anos don Victorino publicou o Formulario Notarial, un manual con toda clase de protocolos de habitual tramitación. O libro levaba incorporado un disquete informático. Foi así como desactivamos a argallada de moitos notarios para non implicarse na galeguización dos actos xurídicos documentados. Victorino predicou co exemplo e converteuse no epicentro da galeguización dos protocolos notariais; de vez redactou máis de doce mil títulos de propiedade da concentración parcelaria na comarca do Deza en lingua galega.

Convertera o seu despacho profesional nunha aula de galeguización pola que pasaron moitos centos de persoas. De oficio escribía no noso idioma testamentos, actas notariais, constitución de sociedades mercantís e outros variados documentos. Despois da preceptiva lectura dos instrumentos xurídicos perante os interesados, sempre había alguén sorprendido e desconfiado da súa validez que, iso si, con moito respecto preguntáballe: Don Victorino isto está en galego, e valerá?. Cun sorriso engaiolador, porque o notario de Lalín era un home afable e sedutor, dicíalles que si. Ah!, sendo así, non se fale máis, sentenciaban os interesados.

Victorino foi sempre un bo conselleiro para os que acudían á notaria para formalizar un testamento. Suxeríalles a todos que incorporasen unha manda referida á lingua galega que obrigase aos beneficiarios do legado que mantivesen aceso o amor pola lingua e a cultura galega que el recibira dos seus devanceiros, para que a defendesen e llela retransmitisen a súa vez aos fillos.

Os protocolos notariais de Victorino son pezas de excelsa literatura xurídica, escritas nunha prosa de esmerado estilo; da mesma calidade que utilizou na escrita das súas obras literarias. Sempre fuxía da vulgaridade, propia de notarios que redactaban con desleixo documentos de transcendental importancia para os interesados e comunidade familiar. Dese bo facer queda un relato seu publicado no libro “Contos da Xustiza” editado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coa finalidade de animar aquel proceso galeguizador que aínda hoxe debemos seguir promovendo.

O próximo día 5 de abril, ás 13:30 horas, a Irmandade Xurídica Galega, en cuxa constitución puxo Victorino gran empeño, descubrirá unha placa conmemorativa louvando a súa memoria, no edificio núm 8 da Rúa Principal da Vila coa colaboración do Concello.

En xuño, coincidindo coa celebración da asemblea anual da Irmandade Xurídica Galega, está prevista a inauguración dun busto de bronce que será localizado nas inmediacións da Facultade de Dereito de Santiago a carón do de Fermín Penzol, Rexistrador da Propiedade, para que os futuros xuristas teñan constancia, alomenos, de dúas figuras senlleiras do galeguismo xurídico.

Galicia, un pais no que unha porcentaxe moi significativa da poboación é propietaria dalgún ben, cómpre que o asociemos á lingua galega, formalizando a titularidade rexistral no noso idioma nos instrumentos xurídicos notariais.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.