A Policía de Ribeira e a veciñanza impiden a ocupación da vivenda dunha muller de avanzada idade

21 Marzo 2025

A Policía Local de Ribeira emitiu un comunicado no que informa dun posíbel caso de tentativa de usurpación de vivenda, do que foi vítima unha veciña de avanzada idade do barrio de Padín. Segundo relataron os axentes, a titular inmóbel avisou á Policía ao descubrir no seu domicilio obxectos que non eran da súa propiedade, caixas, maletas e outros aveños que foron deixados alí para, con toda probabilidade, iniciar unha ocupación.

Finalmente a veciña foi restituída na súa propiedade e interviñéronse diversos obxectos e ferramentas que puideron ser empregados neste ou noutros delitos, “así como outros cuxa procedencia está sendo investigada”, explicou a Policía, que valorou que “a colaboración cidadá resultou fundamental unha vez máis para unha pronta actuación e a boa finalización da intervención”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.