A patronal de Ribeira celebra o sorteo da súa Campaña de Nadal, que veu cun premio de 1.000 euros para gastar nun día

20 Marzo 2025

Este xoves 20 de marzo celebrouse na sede da patronal de Ribeira (Asociación de Empresarios de Ribeira) o sorteo da edición 2025 da Campaña do Día do Pai, co que se quixo impulsar as compras locais nesta recta final do inverno ao tempo que se recompensa a fidelidade da veciñanza cos establecementos de proximidade do termo municipal. Segundo fixo saber o presidente da entidade, Francisco Martínez Gude, nesta convocatoria da campaña foron rexistrados finalmente 1.985 tíckets de compra. A persoa agraciada foi María de los Angeles Davila Ouviña, por unha compra local no establecemento Black Estevez. Dende a asociación aproveitaron para agradecer a fidelidade de todos os clientes que mercaron no comercio local de Ribeira.

A campaña de 2025 veu cun premio de 1.000 euros para ser investido nos comercios participantes (preto de medio cento) ao longo dunha xornada.

Desenvolveuse dende este xoves 6 de marzo até o 19 de marzo e os clientes, para participar, tiveron que subir os seus tíckets á páxina web da patronal.

O sorteo foi destinado a todas as persoas que mercasen ou consumisen nos establecementos asociados adheridos á campaña. O obxectivo fundamental foi “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”.

Respecto dos 1.000 euros do premio, as compras poden facerse nos máis de medio cento de comercios adheridos á campaña, cun máximo de 150 euros e un mínimo de 1 euro por local. Participan bares, restaurantes, comercios tradicionais e salóns de peiteado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.