Xosé Regueira destaca o gran potencial turístico de Padrón

20 Marzo 2025

O concello de Padrón acolleu este mércores 19 de marzo a visita do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que se reuniu co alcalde, Anxo Rei Arca, para abordar diferentes cuestións relacionadas co turismo no municipio. Regueira interesouse por algúns “elementos que Padrón alberga e que están moi relacionados coa nosa estratexia de promoción turística”, facendo referencia á camelia, os pementos de Padrón, o Camiño de Santiago e a Casa de Rosalía.

“Enogastronomía, cultura, identidade, patrimonio… Padrón alberga produtos turísticos que son unha auténtica xoia, e con gran potencial para atraer a un perfil de turista que valora a calidade, por riba de todo, e a sustentabilidade, sendo respectuoso coa contorna e coa poboación local”, sinalou Regueira.

O vicepresidente incidiu tamén na campaña A paisaxe que sabe que pon en valor o territorio a través “dos produtos, as persoas e as paisaxes”. Así, dixo, “Padrón é o mellor exemplo, pois ademais da beleza das súas rúas, conta cunha importante riqueza cultural e patrimonial e tamén gastronómica, e por suposto con profesionais que están traballando no territorio, potenciando produtos como é o caso dos pementos, que xa son marca país”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.