Malasombra desembarca este martes en Muros co seu espectáculo “Os Fabulosos Cleaners”

19 Marzo 2025

O auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros servirá de escenario este sábado 22 de marzo a unha das funcións máis destacadas da compañía Malasombra Producións: Os Fabulosos Cleaners. Trátase dunha divertida función familiar (para maiores de tres anos) que dará comezo ás 18.00 horas e que terá un custe de 2,50 euros. As reservas poden facerse a través do documento habilitado.

Sobre Os Fabulosos Cleaners

Un espectáculo de pompas de xabón pensado para todos os públicos. Unha experiencia visual extraordinaria, ideal para gozar en familia. Dirixido por Luís Beviá, creador que percorreu o mundo enteiro co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia).

A historia segue a dous operarios de limpeza dun teatro que, por casualidade, descobren as infinitas posibilidades das súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir dese momento, embarcaranse nunha viaxe chea de cor, humor e fantasía, con pompas de xabón de todas as formas e tamaños, enchendo o escenario de maxia.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “este espectáculo será unha oportunidade única para que as familias do noso concello gocen xuntas dun espectáculo que nos transportará a un universo máxico a través das pompas de xabón. Estamos encantadas de seguir traendo propostas diferentes e de gran calidade ao noso concello.”

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.