O Pazo de Goiáns acolle unha xornada sobre acceso á cultura e participación do Consello da Cultura Galega

19 Marzo 2025

O Consello da Cultura Galega celebra o vindeiro mércores 26 de marzo no Pazo de Goiáns un encontro sobre acceso á cultura e participación. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse mediante a web do consellodacultura.gal

O Consello da Cultura Galega leva dende o ano 2023 traballando especificamente no tema dos dereitos culturais, unha corrente que se está tendo moi en conta nas políticas culturais públicas. Reflexo disto foi a creación por parte do Goberno do Estado a Dirección Xeral de Dereitos Culturais; e outros plans en territorios como Navarra ou as Illas Canarias.

A Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG busca analizar se as políticas culturais galegas está seguindo este novo paradigma das políticas públicas mediante catro xornadas de debate e recollida de información que se celebran de marzo a xuño e versarán sobre o dereito a participar, a perspectiva territorial, o acceso e a comunicación e a interseccionaliade.

A primeira das xornadas será o vindeiro mércores 26 en Boiro, no Pazo de Goiáns, e nela farase unha análise da participación cidadá en cultura, onde as persoas exercen o seu dereito a facer cultura e non so a consumila. A xornada estará coordinada por Alberto García; contará con Blanca Albán, Natalia Balseiro e Encarna Lago como mediadoras e os proxectos participantes serán Castelo Conta, Feirón Mariñeiro de Rianxo, Contos do Mar, FIOT Carballo, Escora Danza e Pasabodeghas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.