Incendio na cheminea dunha vivenda en Escarabote, no concello de Boiro

18 Marzo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 21:15 de onte, 17 de marzo, dun incendio na cheminea dunha vivenda na rúa Carretera do Porto, en Escarabote, no concello de Boiro.

Os bombeiros provinciais encargáronse da extinción do lume, que se produciu na parte metálica exterior da cheminea e na parte de unión con esta no baixo cuberta.

As altas temperaturas provocaron que racharan varias tellas pegadas á cheminea, así como a aparición dalgunha greta na parede da mesma.

As persoas do interior da vivenda non se viron afectadas.

Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil e SMPC de Boiro.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.