Martes 18, unha nova borrasca achegarase con nubes e chuvascos ocasionais

17 Marzo 2025

Un novo centro de baixas presións aproximarase progresivamente a Galicia desde o Atlántico, marcando unha xornada de cambios no tempo. Ao longo do día, as nubes irán en aumento e, pola tarde, poderán rexistrarse chuvascos illados e ocasionais, especialmente no interior da comunidade.

A pesar da inestabilidade, as temperaturas seguirán en ascenso, cunha suba máis notable na metade norte. Os ventos sopraran do sur, con intensidade moderada, e ao final do día espéranse refachos fortes no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sueste á noite, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 5 a 7 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.