Sen polbo galego desde abril. A Xunta acorda unha veda en Galicia durante maio e xuño e parada bioloxica en abril

17 Marzo 2025

A Xunta de Galicia e o sector pesqueiro acordaron a implantación dunha parada biolóxica no mes de abril e unha veda para a captura do polbo en Galicia durante maio e xuño. Esta decisión, comunicada na última reunión da comisión de seguimento do plan experimental para a xestión do polbo, está pendente de aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a campaña 2025-2026.

A medida ten como obxectivo axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie, favorecendo a súa reprodución e garantindo unha explotación sostible do recurso. Durante os meses de veda, estará prohibida a captura do polbo en augas galegas, tanto interiores como exteriores, mediante calquera arte de pesca. As embarcacións que utilizan nasas para a captura deste cefalópodo deberán retiralas e levalas a porto, e a restrición también se aplicará á pesca recreativa e ás capturas con outras artes.

Unha das novidades desta campaña é que a paralización da actividade en abril contará cun apoio económico ao sector afectado, grazas ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa). Este fondo permite habilitar axudas para a paralización temporal con fins de conservación dos recursos pesqueiros, buscando mellorar as condicións de vida e traballo das persoas dedicadas a esta actividade e promover unha explotación sustentable.

Para a campaña que comezará en xullo, unha vez rematada a veda, manténse sen cambios a cantidade máxima de captura permitida, as especies acompañantes e os horarios establecidos. Deste xeito, o Goberno galego culmina a elaboración do plan 2025-2026, froito dun proceso de diálogo co sector no que se analizaron as mellores datas para a reactivación da frota, tendo en conta o desove da especie e a súa poboación de alevíns.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.