Ribeira abre dous aseos públicos autolimpiábeis para mellorar os servizos á cidadanía

17 Marzo 2025

O Concello de Ribeira puxo en funcionamento este luns 17 de marzo dous aseos públicos autolimpiábeis, unha medida coa que o Goberno local quixo atender a unha “demanda histórica” da veciñanza. O investimento para a instalación destes aseos ascendeu a 100.000 euros, financiados dos fondos Next-Generation, permitindo dotar ao municipio de infraestruturas modernas e accesíbeis.

O alcalde Luís Pérez Barral e o concelleiro Francisco Suárez-Puerta explicaron que os novos servizos situáronse en puntos estratéxicos da localidade para garantir un mellor servizo: un no parque das Avesadas e outro na zona do paseo marítimo de Banda ao Río – O Touro. Estas localizacións foron elixidas pola alta afluencia de persoas que reciben diariamente, especialmente en tempadas de maior actividade, como os meses de verán e os eventos festivos.

Engadiron que os devanditos módulos posicionan a Ribeira na vangarda do deseño e tecnoloxía aplicada aos aseos públicos. Os materiais empregados son de primeira calidade, impermeábeis, non absorbentes, antivandálicos, resistentes ao desgaste, sólidos e inalterábeis por axentes externos e atmosféricos e totalmente homologados, cumprindo as normas específicas”, sinalaron, engadindo que “a estrutura principal de perfís tubulares en aceiro galvanizado e con pintura polimerizada” e que “os aseos son aptos para a utilización mixta e para persoas con diversidade funcional xa que o acceso e a maniobralidade no interior da cabina cumpre a normativa vixente en materia de accesibilidade”.

Ademais, sinalaron que a cabina conta cun sistema de funcionamento automático que permite a limpeza do asento e do inodoro despois de cada uso e do chan de cabina.

A maiores, a porta de acceso é de seguridade e antivandálica en aceiro inoxidábel, con illamento térmico e acústico e fechadura con electroimán. A apertura poderá realizarse con premedor e desde o exterior onde haberá un indicador de exterior de libre, ocupado (ou autolimpieza) e fóra de servizo con simboloxía retroiluminada en LED, luces que variarán as cores segundo o estado de dispoñibilidade. A cabina conta con iluminación natural e iluminación LED.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a importancia desta iniciativa para a mellora da calidade de vida no municipio: “Estes novos aseos públicos autolimpiábeis respondemos a unha necesidade histórica do municipio e contribúen a que Ribeira teña mellores infraestruturas para a veciñanza e para todas as persoas que nos visitan”.

Coa posta en marcha destes aseos, dende o Concello informan que xa habería en funcionamento tres na zona da praia de Coroso, o das Avesadas, o do paseo do Touro, e tamén os do apeadoiro de autobuses. “Imos seguir despregando paseniñamenbte estes equipamentos accesíbeis e funcionais para mellorar os espazos públicos dos que desfruta a veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.