Dispoñíbeis a partir deste martes as entradas para ver a Luis Zahera en Ribeira

17 Marzo 2025

Este martes 18 de marzo poranse á venda as entradas para o espectáculo de humor (Chungo) que o actor e monologuista compostelán Luis Zahera ofrecerá en Ribeira, no Auditorio Municipal, o 11 de maio ás 20.00 horas. As entradas estarán dispoñíbeis a partir das 9.00 horas de xeito presencial na OAC do Concello ou ben de xeito online a través de Ataquilla.com. O prezo vai ser de 28,00 € + gastos de xestión. Produce Alikate Producciones.

Por que é coñecido o actor? Por interpretar papeis chungos en todas e cada unha das películas ou series de televisión nas que traballou. Agora, o monólogo Chungo de Luis Zahera ofrece un repaso por toda a súa carreira cun punto cómico que non estamos afeito ver nel. Unha infinidade de historias e histerias e anécdotas tanto da súa vida profesional como persoal que van desde a súa tenra infancia ata os seus inicios na televisión e o cinema. Con este espectáculo bríndasenos unha oportunidade para coñecer ao actor compostelán nas súas facetas menos coñecidas.

Duración aproximada: 80 minutos.
Idade recomendada: Maiores de 14 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.