A ABE encarga á firma tecnolóxica local Kracia a profesionalización das súas redes sociais

17 Marzo 2025

A patronal de empresas Boiro, a ABE, puxo en marcha un ambicioso proxecto para mellorar a súa presenza en redes sociais, apostando pola profesionalización dos contidos e a creación de campañas máis estratéxicas e con meirande impacto. Esta iniciativa, que terá unha duración de seis meses, será desenvolvida pola axencia de comunicación Kracia, empresa asociada da ABE e especializada en mercadotecnia dixital e audiovisual.

A asociación lembra que na actualidade conta con miles de seareiras/os nas súas redes sociais e cunha actividade constante de publicacións. Con este novo proxecto, o obxectivo é dar “un salto cualitativo na creación de contidos, mellorando a calidade, o impacto e o alcance das publicacións para atraer novos clientes e dinamizar o comercio local”.

O plan de traballo inclúe tarefas como a optimización das contas de Instagram e Facebook, con actualizacións na biografía, incorporación de banners de contacto e mellora da estrutura das páxinas; a creación de contidos audiovisuais de calidade, adaptados ás tendencias actuais das redes sociais; a publicación mensual de oito vídeos, gravados e editados en formato profesional para maximizar o impacto e o engagement; a selección estratéxica dos negocios participantes en cada vídeo, en función do contido, campañas en marcha e actualidade do sector; e máis a análise e optimización continua do rendemento das publicacións, “para garantir que a estratexia cumpra os seus obxectivos”.

Unha das prioridades do ABE neste proxecto é asegurar que “as 208 empresas asociadas teñan presenza nos contidos audiovisuais”. Por iso, de maneira rotativa, todos os negocios asociados irán aparecendo nos vídeos ao longo dos seis meses. A axencia será a encargada de seleccionar a cada empresa en función do tipo de contido que se vaia a crear, sempre tendo en conta as campañas activas e a actualidade comercial.

Para a gravación dos vídeos, realizarase unha sesión unha vez ao mes, na que se crearán os oito vídeos correspondentes ás publicacións dese período.

Desde a directiva do ABE destacan a importancia desta iniciativa como “unha ferramenta clave para o crecemento do comercio local”, como indicou o presidente, Daniel García, que engadiu que “sabemos que hoxe en día as redes sociais son unha ferramenta fundamental para chegar aos clientes, pero tamén somos conscientes de que é necesario ofrecer contidos atractivos e profesionais. Con este proxecto, queremos axudar aos nosos asociados a destacar nun mercado cada vez máis dixitalizado”,

Esta iniciativa reforza a aposta do ABE pola innovación e o apoio ao comercio de proximidade, utilizando estratexias modernas para conectar aos negocios locais coa súa clientela e aumentar o seu impacto.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.