Sábado 15, nubes e claros e probabilidade de chuvascos ocasionais

14 Marzo 2025

A meteoroloxía deste sábado, San Raimundo, presenta unha situación intermedia entre altas e baixas presións, con entrada dunha masa de aire ártica que provocará cambios nas condicións atmosféricas. Os ceos alternarán entre nubes e claros ao longo do día, con posibilidade de chuvascos ocasionais, sendo máis probables no extremo norte e nas zonas altas. Estes chuvascos poderán ser en forma de neve, con cota de neve situada arredor dos 800 metros.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, e continuarán as xeadas nas zonas de interior, especialmente durante as primeiras horas da xornada. En canto aos ventos, soprarán en xeral do nordés, con intensidade frouxa, aínda que se rexistrarán intervalos de moderado no litoral.

O domingo seguiremos en situación intermedia coas altas presións nas Illas Británicas e as baixas na península ibérica. Con isto, teremos os ceos alternando as nubes cos claros, con chuvascos ocasionais e illados máis probables ao norte. A cota de neve arredor dos 700-800 metros. As temperaturas permanecerán sen demasiados cambios, con xeadas en zonas do interior. Os ventos soprarán do leste-nordés moderados no litoral, frouxos no resto.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.